El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Lucas Ricoy
Ernesto González Valdés
Sociedad

NORTE CINEMA DIVERSO

NCD despide a súa IV edición coa entrega do premio Trini Falcés e unha aposta polo talento galego e a diversidade

26-11-2026 11:42:24
Norte Cinema Diverso.

REDACCIÓN | Norte Cinema Diverso (NCD) celebrará este viernes no Teatro Colón da Coruña a terceira e derradeira xornada da súa cuarta edición. O festival despedirase cun encontro entre público e artistas, unha sesión de cinco curtametraxes baixo o título Traxectos e a proxección da longa Iván & Hadoum, de Ian de la Rosa. Na clausura darase a coñecer o nome da curtametraxe gañadora do premio Trini Falcés, decidida por un xurado. 

O codirector do festival, Fernando Cayazzo, reivindica o traballo desenvolvido nesta edición e a vontade de seguir ampliando o alcance do certame. “Malia sermos un festival pequeno, seguimos crecendo e apostando polo local e pola diversidade. E iso é o que nos gustaría que quedase desta cuarta edición”, afirma. 

Cayazzo sinala que esa aposta se reflicte na programación. “Este ano demostrámolo coa inclusión de obras de directoras galegas, de diferentes xéneros (documental, animación, ficción) e temáticas de todas as letras do colectivo LGTBIQ”.  


Un encontro para compartir o cinema 

A programación comezará ás 17.30 horas cun encontro entre o público e artistas participantes nesta edición. A actividade reunirá a Magda Calabrese, José Luis Díaz, Saamira Ganay, Rafael Ferreira, Renatto Mendonça, Beatriz Alvez, Paula Pereira e Lucinda Rey. Será un espazo para conversar sobre as películas, os procesos de creación e as experiencias que dan lugar ás historias que chegan á pantalla. 


Traxectos, cinco miradas sobre os vínculos, a memoria e a despedida 

Ás 19.00 horas, a sesión Traxectos reunirá cinco curtametraxes que se achegan ás relacións familiares, á memoria histórica, á discriminación e ao dó. 

En Carta ao Pai, o portugués Rafael Ferreira constrúe unha carta audiovisual coa que regresa aos recordos da infancia e da adolescencia para tentar reparar a relación co seu pai, marcada polo conflito arredor da súa sexualidade. 

Piedra, papel, tijera, de Miguel Ángel Olivares, presenta un escritor que reúne os seus amigos durante unha fin de semana e lles propón compartir o mellor recordo que gardan del. Tras ese xogo agóchase un segredo que dará outro sentido ao encontro. 

A memoria da represión franquista atravesa Violetas, de Borja Escribano. Ambientada en 1945, a curta conta unha historia de amor homosexual nun contexto de persecución e incomprensión. Pola súa banda, Dafne y Pol, de Sergio Checa, incorpora á sesión unha mirada sobre a lesbofobia e o acoso escolar. 

O programa completarase con Alwasiyya, de Magda Calabrese e Richard Zubelzu. O documental, que acabou de rodarse en Ferrol, acompaña a Pepe tras a morte do seu marido, nun proceso de convivencia coa ausencia, recuperación da propia identidade e apertura a novas formas de estar no mundo. 


O premio Trini Falcés e Iván & Hadoum pechan o festival 

A clausura comezará ás 21.00 horas co anuncio da curtametraxe gañadora do premio Trini Falcés, a entrega de premios e a proxección das curtas premiadas polo xurado, 

A longametraxe Iván & Hadoum, de Ian de la Rosa, despedirá o certame. Este drama romántico cruza o amor trans, a inmigración e as relacións laborais. 

A organización do Norte Cinema Diverso conta coa colaboración do Concello da Coruña, a Cinemateca Pedro Zerolo, a Academia Galega Audiovisual, a Asociación Palestra e a aplicación Scruff.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias