El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O 85% das prazas ofertadas polas 23 galescolas xa están cubertas

08-08-2007

As 23 galescolas que comezarán a funcionar en setembro, postas en marcha pola Vicepresidencia da Xunta, teñen cubertas o 85% das prazas ofertadas, de acordo co proceso de preinscrición aberto dende o pasado día 20 ata o 30 de xullo. Isto supón que das 930 prazas totais que se ofertaron, 790 xa están ocupadas. As galescola situadas en áreas metropolitanas, como as de Cambre ou Boiro, por exemplo, teñen cubertas o 100% das prazas ofertadas, mentres que as das zonas rurais, como A Rúa ou Vilamarín, teñen unha media de cobertura de entre o 60 e 70% das prazas. As persoas interesadas neste proceso dispoñen dos listados provisionais cos nenos e nenas admitidos na galescola ou concello correspondente, así como na páxina web www.igualdadebenestar.org. Os pais e nais que queiran inscribir os seus fillos de entre 0 e 3 anos nestas escolas infantís poderán facelo en calquera momento, xa que o procedemento permanecerá aberto. AS 23 galescolas que van comezar no curso 2007-2008 atópanse nas vilas de Cambre, Cerdedo, Coles, Crecente, Fene, A Fonsagrada, Ortigueira, Pantón, Portas, A Rúa, Taboada, Vilaboa, Boiro, Covelo, Rianxo, Pereiro de Aguiar, Ponteceso, Vilamarín, Poio, Zas, Xinzo de Limia, O Rosal e Campo Lameiro. Máis de cen persoas van traballar nestes centros educativos. O proceso de selección de persoal xa está pechado en dezaseis das galescola, cun total de 107 traballadores, e nas outras sete rematarase en breve. Dos 107 traballadores xa seleccionados, 29 son mestres (entre os que hai un director ou director apor galescola), 59 educadoras e 19 persoal de servizos xerais. Rede galescola As galescola son os centros educativos da Rede Galega de Escolas Infantís de 0 a 3 anos xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e impulsadas pola Vicepresidencia. A través desta rede, a Vicepresidencia vai crear 121 galescola en toda Galicia, cun investimento de 33 millóns de euros. Os novos centros supoñen a creación de máis de 6.000 novas prazas para menores de tres anos, así como a xeración de máis de 1.200 postos de traballo. As galescola propiciarán que A Coruña supere a media estatal no índice de cobertura de prazas en escolas infantís públicas, xa que a súa taxa de cobertura da poboación de 0 a 3 anos pasará a ser do 22%, cando o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais fala dun índice de cobertura media no conxunto do Estado do 21%. Por outra banda, as provincias de Ourense e de Lugo situaranse no pelotón de cabeza da educación infantil no Estado español. O índice de cobertura da poboación menor de 3 anos chegará ao 39,7% en Ourense e ao 34,4% en Lugo, superando así o 33% recomendado pola Unión Europea. En Pontevedra increméntase o número de prazas en escolas infantís en máis do 75%, unha cifra que a sitúa en niveis históricos na dispoñibilidade de recursos de educación infantil.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias