El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O filme de animación "De profundis", dentro da programación dun festival cultural de Corea

Tamén será proxectado no vindeiro Festival de Cine de San Sebastián

09-08-2007

A película de animación "De profundis", dirixida polo artista Miguelanxo Prado e con música de Nani García, chegará esta semana ata Corea, como parte da programación do Jecheon International Music & Film Festival (JIMFF). Os pases terán lugar os días 10 e 12 de agosto dentro da sección "Cine Symphony", polo que Miguelanxo Prado se achegará ata Jecheon neses días. Os habitantes da cidade coreana poderán gozar da combinación da beleza plástica e a música de "De profundis", características que fan que o filme estea considerado como unha das proxeccións máis destacadas do festival. O JIMFF desenvolve un conxunto de actividades culturais que ten como protagonista á unión do cine coa música e celébrase dende 2005 na provincia de Chungcheongbuk de Corea central. Jecheon é coñecida polo lago Cheongpung-ho, evocado na pintura coreana tradicional e de grande afluencia turística. Por outra banda, "De profundis" tamén participará na vindeira edición do festival de San Sebastián, onde será proxectada dentro dunha selección da última cinematografía española recente no apartado "Made in Spain". A estrea deste filme o pasado mes de outubro no Pazo da Ópera de A Coruña supoñía o principio dunha aventura que, da man das produtoras Continental, Desembarco e Zeppelin, levou á película a cidades dos cinco continentes, e que nestes momentos sigue chegando aos espectadores en formato DVD. Precisamente a edición especial da película que lanzou ao mercado a distribuidora CAMEO esgotouse o mesmo día que se puxo á venda na recén inaugurada FNAC da Coruña. A música de "De profundis", candidata ao Goya a Mellor Película de Animación, foi interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia, gravada en Mans Scoring Stage e mesturada nos estudios Bruar de A Coruña. O seu tema principal estivo interpretado por Ainhoa Arteta e Carmen Rey.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias