El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O diplomático Pierre Schori participará no simposio internacional "Pobre mundo rico" en Vigo

10-08-2007

O director xeral da Fundación para as Relacións Internacionais e o Diálogo Exterior (FRIDE) confirmou a súa participación no simposio internacional sobre pobreza e desigualdade no mundo, "Pobre mundo rico", organizado polo Club Internacional de Prensa. Schori falará das "Misións de Paz da ONU" o vindeiro 8 de outubro en Vigo, dentro do programa do simposio. Coa colaboración da Obra Social Caixanova, a Dirección Xeral de Cooperación e as Universidades de Santiago e Vigo, "Pobre mundo rico" comezará o día 2 de outubro en Vigo e itinerará polas sete principais cidades galegas. O director xeral da FRIDE ten unha ampla experiencia en asuntos exteriores, cooperación ao desenvolvemento e operacións de paz, xa que foi durante dous anos o enviado especial do secretario xeral de Nacións Unidas en Costa de Marfil, onde dirixiu unha misión de paz. Desde marzo deste ano dirixe a FRIDE, coa pretensión de influír nas políticas e prácticas de actores estatais e non estatais en Europa e outros ámbitos internacionais sobre paz, seguridade, democratización, dereitos humanos, desenvolvemento e acción humanitaria a través da investigación aplicada e a promoción do debate. Carreira Tras unha longa carreira profesional no Ministerio de Asuntos Exteriores de Suecia, Pierre Schori foi ministro de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento e viceministro de Asuntos Exteriores entre 1994 e 1999. Dende o ano 2000 e ata o 2004, Schori ocupou o cargo de embaixador de Suecia ante as Nacións Unidas. Ademais é autor de libros como 'Latin Americans on Latin America', 'O desafío europeo en Centroamérica', 'Europe between Maastricht and Sarajevo' e 'Can the United Nations manage the new era?', entre outros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias