El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Vicepresidencia abre o prazo para formalizar a matrícula nas Galescolas

Vinte dos vintetrés centros educativos inician o prazo este venres

22-08-2007

Os nenos e nenas de entre 0 e 3 anos que aparezan nas listas definitivas de admitidos xa poden formalizar a súa matrículas nas Galescolas, segundo indicou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado. Vinte dos vintetrés centros abren o prazo este próximo venres e péchano o martes 28, coma os de Boiro, Cambre, Campo Lameiro, Cerdedo ou Coles. O mesmo acontece cos centros de Covelo, Crecente, Fene, Fonsagrada, Oia, Ortigueira, Pantón, Pereiro de Aguiar, Portas, Rianxo, A Rúa, Taboada, Vilaboa, Vilamarín e Zas. En canto ás outras tres Galescolas de Xinzo de Limia, Poio e Ponteceso, comezará o prazo o luns 27 e rematarán o 30 deste mes. Estas vintetrés Galescolas inician a súa actividade neste curso escolar 2007-2008 acollendo arredor dun milleiro de rapaces de entre tres meses e tres anos, que estarán atendidos por un plantel de educadores profesionais que supera as cen persoas. Deste xeito, ábrese a primeira rede de centros educativos posto en marcha pola Vicepresidencia da Xunta e xestionada a través do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar. Unha "aposta pola calidade" na atención á infancia, polo mantemento dos centros no eido rural e pola axuda aos pais e nais a conciliaren a vida laboral e familiar.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias