Economía
24-08-2007
Galicia é fría e gris? Pois, as hortas galegas absorben a luz e a calor roubadas polas nubes e a chuvia tan características da comunidade a maior parte do ano. E así, un mapa das producións autóctonas máis frecuentes daría unha variedade de cores que xa envexarían moitas outras rexións.
Nesa diversidade, o pemento é o rei. Evidénciao o inminente recoñecemento do Pemento de Herbón como Denominación de Orixe Protexida (DO), tan só pendente depender da luz verde de Bruxelas, logo de concluida a fase de tramitación. Os produtores agardan que esa decisión chegue antes de que finalice 2007.
Mais a variedade desta parroquia situada no concello coruñés de Padrón, non é a única candidata a recibir unha distinción de seu que a protexa de posibles fraudes e imimtacións. Son as castes de Oímbra -cultivada no val ourensano de Monterrei?, O Couto ?propia da comarca da Ferrolterra? e Arnoia ?concello ourensano próximo a Ribadavia. Aspiran a ter un selo que as identifique nos mercados.
O popular pemento de Padrón, orixinario de Herbón e hoxe extendido á veciña Iria Flavia e ao propio núcleo do concello, é o que goza da maior sona e éxito comercial. A súa produción ocupa 51 hectáreas de superficie ?28 en invernadoiro e 23 ao aire libre?, sobre todo na provincia da Coruña ?42 hectáreas? e Pontevedra ?9.
A capsaicina é a substancia responsable de que a súa inxesta sexa unha práctica de risco propia da ruleta rusa. Caerá desta vez o que nos deixe a lingua anestesiada un anaco? Ese picor característico é a reivindicación dun pasado secular, logo de que os frades franciscanos de Herbón trouxeran no século XVI a especie de México.
A comarca do Salnés reune as mellores condicións climatolóxicas e a fertilidade precisa para xerar unha media de 5 quilos deste pemento por metro cadrado en invernadoiro e de 3 ao aire libre. O seu consumo é estacional e marca a chegada do verán. Os meses máis cálidos do ano procuran as mellores colleitas.
Unha das prioridades da DO será evitar os enganos ao comprador final, xa que as bolsas que se comercializan no inverno conteñen pementos producidos en Murcia, Almería e Marrocos, malia a levar o distintivo que os identifica con Herbón. Esa picaresca levou á agrupación, hai uns anos, dalgúns produtores en torno á cooperativa Pimerbón, que tenta garantir e diferenciar o pemento autóctono do foráneo.
Novos tempos
Un grupo de 23 produtores padroneses están decididos a rendibilizar o recoñecemento comunitario do ?Pemento de Herbón?. Prevén investir 650.000 euros na creación dunhas instalacións axeitadas aos requerimentos sanitarios e ás condicións de mercado. ?Queremos facer as cousas ben desde o principio e garantirlle ao consumidor a trazabilidade do produto que merca?, asegura unha das impulsoras da nova cooperativa ?A Pimenteira?, Mercedes González.
Polo de agora, procuran un solar para ubicar a súa planta de procesado, na que realizarán os procesos de limpeza e envasado de xeito mecánico. Entre todos os socios sumarán a produción que dean os seus 3.000 metros cadrados de superficie. ?Somos todos mozos e iso axuda, agora só agardamos a aprobación de Bruxelas?, relata.
Sabores doces
Máis ao norte, na Ferrolterra, obtense o pemento do Couto, curmán do de Herbón polas súa semellante apariencia. ?É igual que o de Padrón pero medra cara arriba e non pica nunca?, asegura un experto, Andrés Núñez, vinculado moitos anos á produción da especie de Padrón e hoxe Xefe de Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal de Medio Rural.
As variedades de Oímbra, Arnoia e Blanco do Rosal teñen en común a súa dozura, que as achega ás dos pementos doces italianos, e orixe, Ourense. Son 28 as hectáreas que se dedican ao cultivo da primeira das castes no val de Monterrei. As propiedades da terra do extremo suroriental de Galicia, xunto co seu particular microclima, fan que se cheguen a recoller 4 quilos por metro cadrado.
Pola contra, a variedade de Arnoia sempre estivo máis orientada ao autoconsumo e, segundo sostén Núñez, a súa produción dirixida á comercialización é testemuñal. Outra das especies autóctonas máis comúns no mercado prodúcese na comarca do Baixo Miño, en Pontevedra. Trátase do pemento Blanco do Rosal e só se diferencia do de Arnoia pola súa cor máis clara.
Etnografía agraria
Os traballos desenvolvidos desde os diversos centros de investigación agraria de Galicia teñen permitido a recuperación de sementes e, polo tanto, dalgunhas das especies autóctonas que estaban a piques de desaparecer. É deste xeito como se está a potenciar o cultivo do pemento de Mougán ?propio desta parroquia ubicada no concello lucense de Guntín?, de Piñeira ?en Ribadeo?, de Punxín ?Ourense? e Cambados ?Pontevedra.
A semente de Mougán fai crecer un tipo de pemento moi semellante ao ferrolano do Couto, que, como os de Herbón, pican cando alcanzan un tamaño grande. A variedade de Punxín está máis próxima á de Oímbra e Arnoia e emparellada a do pemento doce italiano. Nos casos de Piñeira e Cambados, constitúen dous exemplos peculiares que permiten que a comunidade galega tamén conte con pementos morróns.
A procura de liñas puras nas sementes de pemento é unha das estratexias promovidas polos investigadores para protexer máis variedades autóctonas e así achegar novas posibilidades aos mercados. Así o asegura Andrés Núñez e lembra que son diversos os convenios asinados con este obxectivo pola Dirección Xeral de Investigación . ?As sementes hai que recastalas, non hai liñas puras?, explica.
O Centro de Experimentación Agraria de Salceda de Caselas (Pontevedra) conseguiu unha especie de pemento, que deu en denominar ?Entenza?, parecido ao de Padrón pero sen picar. Núñez sinala que, como a Administración non pode sacar a semente ao mercado, sacaráa a concurso para que a desenvolvan os produtores interesados.
Prozac para a "tristeza" do pemento
Varios fungos causan a denominada ?tristeza? do pemento, doenza que murcha a pranta produtora deste vexetal. Antonio Rivera coordina no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) o grupo que estuda o xeito de combatilo. Polo de agora proban a resistencia da pranta mediante o seu cruce con diversas especies de pemento mexicano.
A terapia de choque dos expertos para esta enfermidade rexistrada xa en 1964 ten como fundamental aliado o picante que caracteriza os pementos do país centroamericano. A súa aplicación nas variedades galegas que padecen o fungo pretende buscar resultados, polo de agora, no pemento de Padrón.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias