El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Faltriqueira, Berrogüetto e Lamatumbá participarán no Festival Popkomm de Berlín

04-09-2007

O Festival Popkomm de Berlín, que se celebrará entre os días 19 e 22 deste mes, contará coa presenza dos grupos galegos Faltriqueira, Berrogüetto e Lamatumbá. O programa do festival musical alemán anuncia a actuación de Faltriqueira e Berrogüetto o vindeiro día 19 no Palais, dentro do programa "Celtic Sounds from Spain", xunto cos vascos Korrontzi, para ofrecer "voces femininas con moita percusión" e "unha mestura da música tradicional galega e improvisación contemporánea", respectivamente. Porén, o folk non será a única bandeira da música galega. Os ourensáns Lamatumbá figuran no programa "Popsounds from Spain" do Festival, xunto a Standard e Nena Daconte. A combinación de rock, reggae e samba en galego de Lamatumbá soará en Alemaña da man do festival no Soda Club o día 19. Ao igual que ocorrera no Midem o pasado mes de xaneiro, a música galega contará co apoio institucional por parte da Consellería de Cultura, tal como anunciara o departamento que dirixe Ánxela Bugallo a comezos deste ano. Dentro das axudas á proxección internacional da música galega, Cultura asistirá á feira de Berlín, e en outubro á Womex de Sevilla, para dar unha imaxe conxunta da música galega. O Popkomm celébrase na capital alemana desde o ano 2004 e é mercado recoñecido no negocio das músicas do mundo e do entretemento. Cunha conferencia internacional, unha feira con máis de 800 exhibidores de 55 países, e un festival espallado por 30 clubs berlineses, o evento ofrece unha plataforma para o sector da música en directo e para os que queren proxectarse na industria musical.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias