El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Santi Rodríguez, Santi Millán, Paco León e Toni Moog adiantan ó 28 de setembro a súa cita co público coruñés

06-09-2007

A Coruña será o vindeiro 28 de setembro unha da 11 cidades españolas onde se deixará caer o espectáculo "Wanted", a cargo de catro dos actores cómicos máis populares do momento: Santi Rodríguez, Santi Millán, Paco León e Toni Moog. A organización informou nun comunicado do adianto da cita, prevista para o sábado día 29, ao venres día 28 a partir das 21.30 horas. Habituais do monólogo e da televisión, xúntanse por primeira vez nunha xira coa que ofrecerán "veladas teatrais" nas que o público xogará un importante papel. Dirixido por Santi Millán e Carlos Ortet, o espectáculo basearase nas explicacións dos actores sobre a súa peculiar forma de vida e os motivos da súa persecución entre os risos dos espectadores. Así, Santi Millán, coñecido polo seu traballo na serie de televisión 'Siete vidas' e en 'Buenafuente', así como coa compañía La Cubana, preséntase como o cómico "máis peligroso", armado sempre con dous chistes "malos". Paco León, recoñecido pola imitación de personaxes no programa 'Homo Zapping' e na serie 'Aída' confesará os delictos cometidos baixo unha aparencia camaleónica e múltiples personalidades. O "fruteiro" máis famoso da televisión, Santi Rodríguez, desenmascarará a un actor que se agocha baixo o bigote para levar adiante os seus crimes no mundo do humor. Por último, Toni Moog defenderase dun suposto delito por tráfico de monólogos dentro do clube da "Paramount Comedy".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias