El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Anxos Sumai gaña o II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF

12-09-2007

A primeira novela breve de Anxos Sumai, "Así nacen as baleas", foi declarada na Coruña gañadora do II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF, dotado con 6.000 euros. Así o informou a editorial Galaxia nun comunicado. O xurado, composto por Xosé Luís Axeitos, Miguel Anxo Fernán-Vello, Henrique Rabuñal, Anxo Tarrío e Carlos Lema, concedeulle o premio á obra de Sumai, que trata, segundo a autora, un drama familiar que naceu dunha única imaxe a partir da que foi crecendo unha historia. O certame, convocado por Repsol YPF en colaboración con Galaxia e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, premiou na súa primeira edición a novela "Se algún día esta muller morta" de Miguel Sande. Anxos Sumai (Catoira, 1962) é documentalista, tradutora e escritora. Dende o ano 2001, a súa actividade literaria desenvólvese no portal culturagalega.org, nas seccións "Anxos e diaños" e "Anxos da garda". Entre os traballos de tradución destacan os "Diarios" de Syra Alonso. Como narradora, publicou "Anxos da garda" e "Melodía de días usados". Entre outros recoñecementos, obtivo o Premio Novos Valores da Narrativa Galega en 1985 e o segundo Premio no XI Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueirido do Pedrón de Ouro, en 1986. En 2004 foi Premio da Crítica Galicia. En 2007 gañou o Premio de Xornalismo Literario e de Opinión Roberto Blanco Torres polo seu espazo de opinión "Somos perigosamente normais", emitido semanalmente no Diario Cultural da Radio Galega durante o 2006. Actualmente traballa no Consello da Cultura Galega.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias