El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Galicia acollerá unha mostra de cine inédito arxentino este ano

Touriño recibe ao actor arxentino de orixe galega Eduardo Blanco

17-09-2007

Galicia acollerá antes de que remate o ano unha mostra de cine inédito arxentino. Así llo comunicou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, ao actor arxentino de orixe galega Eduardo Blanco, con quen se reuniu en Santiago. O máximo mandatario galego coñeceu ao actor o ano pasado durante a súa viaxe a Arxentina, no marco do Festival Internacional de Cine de Mar de Plata, onde a Xunta e o Instituto de Cine Arxentino (Incaa) asinaron un convenio de colaboración para a promoción do cine galego. O actor de películas como "Luna de avellaneda" ou "Conversaciones con mamá" foi recibido na residencia presidencial de Monte Pío durante a viaxe que o reunirá coa súa familia. A xuntanza serviu para continuar unha liña de colaboración entre ambos países en materia audiovisual, un sector considerado "estratéxico" polo actual Executivo. Así, no 2005, o Consorcio Audiovisual de Galicia, o Instituto Catalá de les Indústries Culturais e o Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales de Arxentina (INCAA) subscribiron o acordo Raíces, para impulsar a coprodución de longametraxes cinematográficas con produtoras independentes dos países implicados. Deste xeito, foméntase a exhibición e o intercambio entre os produtos audiovisuais arxentinos e galegos como paso inicial para o desenvolvemento dun mercado común cinematográfico, informa a Xunta nun comunicado.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias