Sociedad
17-09-2007
Trala clausura da exposición "El señor de los anillos" nas sedes da Fundación Caixa Galicia da Coruña e de Santiago, a Fundación contabiliza un total de 130.000 visitantes á mostra dende a súa inauguración o pasado mes de xuño. Do total de visitas, case 80.000 persoas acudiron á sede coruñesa, mentres que arredor de 50.000 viron a mostra na sede compostelá.
Este número súmaselle ao máis dun millón de persoas que viron a exposición ao longo do seu percorrido polo mundo, que comezou en Nova Zelanda e que continuou por Londres, Singapur, Boston, Sydney, Houston ou Berlín. Galicia era o último destino da xira da exposición.
"El señor de los anillos. La trilogía. La exposición" reuniu pezas orixinais coas que se gravaron as tres entregas da saga escrita por Tolkien e levada á grande pantalla por Peter Jackson.
Entre os obxectos máis destacados, exhibiuse a espada de Isildur, o arco de Legolas, o traxe de noiva de Arwen, o vestido da Raíña Galadriel, a toga branca de Gandalf, a armadura do Rei Théoden ou os traxes de Aragorn, Legolas e Saruman.
Os visitantes puideron tamén ver de preto as maquetas utilizadas nos filmes, incluíndo a visión de Frodo de Hobbiton en ruínas, o Mûmak e as Torres de Orthanc e de Barad-dûr ou a Fortaleza de Sauron.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias