El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Voluntarios da Universidade de Santiago achegarán a lingua e cultura galegas a 1.800 estudantes de intercambio

24-09-2007

A Universidade de Santiago de Compostela presentou en Santiago o Programa de Acompañamento de Estudantes, PAE, dentro do cal alumnos galegos introducirán na lingua e cultura galegas a arredor de 1.800 estudantes de intercambio que se acheguen a Santiago durante este curso académico. A iniciativa, organizada pola institución académica en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e a Mesa de Normalización Lingüístiva a través do seu Voluntariado de Activación Lingüistica, VAL, nace co obxectivo de dar resposta ás necesiddaes de recepción, acollemento e orientación dos estudates foráneos que participan nos programas de mobilidade internacional. No acto de benvida, celebrado na Facultade de Ciencias Económicas, arredor de 300 estudantes procedentes do exterior tiveron a primeira toma de contacto cos voluntarios galegos que os orientarán para que gocen con total plenitude da ampla oferta cultural que a universidade e a cidade lles ofrecen. O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, destacou durante a recepción que "Galicia é un país que tivo que emigrar durante moitos anos a moitas partes do planeta", e que por esa mesma razón é hoxe un país de acollida que recibe "coas mans abertas" aos que chegan de fóra. Ademais, Cela aconsellou aos estudantes que aproveitasen a súa estancia non só para adquirir coñecementos senón tamén para "contribuir de xeito activo a rachar con moitos mitos e preconceitos". Neste sentido, sinalou que a mocidade ten que demostrar que a diversidade "lonxe de ser un problema e un perigo é unha grandisima oportunidade". Pola súa parte, a secretaria xeral de Normalización Lingüística, Marisol López, engadiu que o galego é unha lingua viva e que "practicamente o 100% dos galegos enténdeno e pódeno falar". Asimesmo, trasladou aos estudantes recén chegados o seu desexo de que a coñezan "para entender a nosa maneira de interpretar a vida e o mundo". Dentro do programa, que se desenvolverá durante as vindeiras dúas semanas, está prevsta a realización de diversas actividades en grupo a través das cales os voluntarios ensinarán aos estudantes a moverse pola cidade. Deste xeito, están programadas visitas guiadas aos dous campus universitarios de Santiago, ao Parlamento de Galicia así como aos principais museos da cidade. Pero a cousa non queda aí, xa que tamén terán tempo de degustar a gastronomía autóctona, asistir a proxeccións de cinema en galego ou realizar un roteiro histórico pola zona vella de Santiago. Apadriñamento Este programa de apadriñamento pioneiro en Galicia baséase nunha figura moi estendida nas universidades europeas denominada 'fatherhood' e nace como esposta a unha demanda formulada anos tras ano polos alumnos que se achegan á Universidade compostelana. Segundo sinalaron dende a Universidade, arredor de 220 alumnos matriculados na USC xa se amosaron dispostos a exercer de padriños dos estudantes foráneos que soliciten participar neste programa. Estes alumnos, recibirán a formación necesaria para poder asesorar aos foráneos e tamén se lles proporcionarán propostas de lecer para continuar co acompañamento de estudantes ao longo do cuadrimestre. Ao longo deste curso, a USC ten previsto que se beneficien deste programa arredor de 1.800 estudantes que participan en distintos programas de mobilidade como o Sócrates-Erasmus, o Sicue-Séneca ou os intercambios bilaterais.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias