El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O documental "En el mundo a cada rato" abre o ciclo de cinema do Simposio "Pobre Mundo Rico"

Proxectarase na facultade de Ciencias da Comunicación

02-10-2007

O auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación acolle este mércores ás oito da tarde a primeira das proxeccións do ciclo de cinema enmarcado no Simposio Internacional sobre pobreza con "En el mundo a cada rato", producida por Tus Ojos TV en colaboración con UNICEF. O documental supón unha contribución do cinema á protección dos dereitos da infancia no mundo, ?En el mundo a cada rato? componse de cinco historias que abordan as cinco prioridades de UNICEF, a educación das nenas, o desenvolvemento integrado na primeira infancia, a inmunización, a loita contra o VIH/SIDA e a protección contra a violencia, a explotación, e a discriminación. Estas cinco historias foron rodadas na India, Guinea Ecuatorial, Arxentina, Perú e Senegal. A programación do Simposio Internacional ?Pobre Mundo Rico? inclúe un total de 30 curtas documentais, de ficción e animación, longametraxes documentais nacionais e estranxeiras, e unha serie documental de TVE (?Voces contra la Globalización?, de Carlos Estévez), que se proxectarán nas sete cidades galegas os días previos ás conferencias. Cinco Vidas A primeira das cinco historias, dirixida por Patricia Ferreira e rodada na India, titúlase El secreto mejor guardado e conta a historia de Ravi, un neno orfo que vive coa súa avoa nunha aldea. Cada día percorre un longo camiño ata a escola doutro pobo aínda que podería asistir a da súa propia aldea. Pero no seu pobo non lle queren e Ravi non entende por que. Joan Ventura dirixe La vida efímera, guionizada pola xornalista Georgina Cisquella, que nos achega á vida de Vicenta, filla de nai española e pai guineano, que volve a Malabo, a cidade que abandonou de nena para traballar no Hospital Xeral. Apenas recorda nada de Guinea e a través do seu traballo cotián descobre algunhas pragas do continente africano como o paludismo, que en Guinea Ecuatorial segue sendo a principal causa de mortaldade infantil. A directora Chus Gutiérrez lévanos a Arxentina para coñecer a través de Maca, unha nena de tres anos, a vida en Las Siete Alcantarillas, título da terceira historia de En el mundo a cada rato. Javier Corcuera elixiu Perú para relatar en Hijas de Belén, a historia de dúas mulleres, unidas polo barrio de Belén e separadas por tres xeracións que, non obstante, comparten non poder ir á escola ao ter que traballar dende nenas para axudar á súa familia. A última das historias, titulada Binta y la gran idea foi rodada por Javier Fesser en Senegal. Nunha aldea deste país africano vive Binta, unha nena de sete anos que admira ao seu pai, un humilde pescador que, preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar a cabo algo que se lle ocorreu. As seguintes proxeccións do mes de outubro celebraranse os mércores días 10, 17 e 24 deste mes. Proxectaranse: as curtas documentais ?Escola Pública? e ?Entre Muros?; ?Medicamentos que no curan?, ?La salud: un derecho, no un privilegio?, e ?Los amos del mundo? (de ?Voces contra la globalización?); ?Eclipse? e ?Un mundo desigual? (de ?Voces contra la globalización?), respectivamente.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias