El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O profesor Carracedo imparte este xoves en Pontevedra a conferencia "CSI made in Galicia: qué se pode saber a través do ADN"

03-10-2007

O catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela Anxo Carracedo pronunciará ás 19 horas unha conferencia na Casa das Campás de Pontevedra co título "CSI made in Galicia: qué se pode saber a través do ADN". O profesor Domingo Docampo, ex rector da Universidade de Vigo e coordinador do ciclo, será o encargado de introducir o director do Instituto de Medicina Legal da USC. A charla forma parte do ciclo de conferencias 'Cultura Conciencia', organizadas polo Consello da Cultura Galega e a Dirección Xeral de I+D+i co gallo do Ano da Ciencia. Carracedo ten publicado 10 libros e máis de 300 traballos de investigación. É editor da revista FSI: Genetics e editor asociado ou membro do consello editorial de máis de 15 revistas internacionais de Medicina Legal e Xenética. Recibiu mumerosos premios entre eles a Medalla Castelao, Medalla de Plata de Galicia, o Premio Varela de Montes de Investigación en Medicina, a Medalla ao Mérito Policial con distintivo blanco, a Medalla de ouro da Terra de Xallas, o título de fillo predilecto de Santa Comba e diversos premios otorgados por sociedades científicas de todo o mundo. Currículo Na primeira etapa da súa carreira, Carracedo dedicouse á Xenética forense e á xenética de poboacións, onde acadou unha sona internacional, xa que o grupo de Xenética forense que coordina é o que máis número de publicacións e máis impacto a nivel mundial ten nos últimos 15 anos, segundo informou o Consello da Cultura nun comunicado. O catedrático, nado en Santa Comba, promoveu a creación do Grupo Español e Portugués de Xenética forense que integrou na Sociedade Internacional de Genética Forense, do que forma parte dende o ano 1989 e que presidiu entre 1999 e 2003. Asemade, ocupa o cargo de vicepresidente na Academia Internacional de Medicina Legal e é membro de moitas sociedades de Medicina Legal e Xenética de todo o mundo. Desde finais da década dos 80 comenzou tamén a adicarse a Xenética Clínica que culminou ca creación da Fundación Pública de Medicina Xenómica da Consellería de Sanidade, da que é o director executivo. No seu labor de investigación cultivou, ademais da xenética forense e de poboacións, a xenética clínica, xenética do cancro e a xenética das enfermidades comúns principalmente neuropsiquiátricas. Neste último campo, que centra moitos dos seus esforzos recentes, promoveu en España a organización desta actividade e actualmente é presidente da Sociedade Española de Farmacoxenética e Farmacoxenómica.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias