Sociedad
05-10-2007
A Fundación Antonio Fraguas inaugura dúas exposicións no Museo do Pobo Galego en Santiago as exposicións dos proxectos realizados polos centros seleccionados na cuarta edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, destinado a promover a pescuda nos centros escolares de Galicia, sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, xeográfico, histórico e artístico do seu entorno inmediato.
Os proxectos desta edición son "Educaldea", do colexio Xosé María Brea Segade, de Taragoña (Rianxo) e 'Non deas a esquecemento...', do instituto de Pontecaldelas. As exposicións estarán abertas no Museo do Pobo Galego dende mañá e ata o día 11 de novembro, e contan coa posibilidade de visitas dinamizadas para grupos escolares.
No mesmo acto, presidido polo director xeral de Patrimonio, Felipe Arias, e polo presidente da Fundación Antonio Fraguas, Isaac Díaz Pardo, farase entrega dos premios aos seleccionados na quinta edición, que se deron a coñecer en xuño do ano pasado, e que foron parar ao instituto de Melide e ao Concepción Arenal de Ferrol.
O proxecto didáctico Antonio Fraguas supón unha intensa colaboración entre a fundación e a comunidade escolar para potenciar o coñecemento e coidado do patrimonio. A iniciativa conta co patrocinio da Fundación Caixa Galicia, Fundación Caixanova e a Consellería de Cultura, xa que o premio dota con 10.000 euros a cada un dos dous centros seleccionados en cada edición.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias