El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Solicitan a declaración de Ben de Interese Cultural para o legado de Camilo José Cela

Ningún fondo documental dun autor galego conta con este recoñecemento

16-10-2007

A Fundación Camilo José Cela vén de presentar no Rexistro da Consellería de Cultura a documentación precisa para que a Xunta declare Ben de Interese Cultural (BIC) o legado do escritor de Iria Flavia. Segundo informou a Fundación nun comunicado, a solicitude realízase ao amparo da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, e de acordo co disposto no Decreto 430/1991, supón o inicio dun procedemento que permitiría a declaración de Ben de Interese Cultural mediante Decreto da Xunta, a proposta da Consellería de Cultura. O expediente de solicitude incorpora un listado próximo ás 200.000 referencias, que ilustran un periodo histórico "significativo", segundo as mesmas fontes, e que constitúen unha obra mestra do Nobel galego. O legado cultural de Cela dispón dun fondo documental composto por unha colección única de manuscritos, ademais dun epistolario de 70.000 cartas, unha biblioteca de máis de 45.000 volumes, unha hemeroteca de 45.000 exemplares, unha pinacoteca con 600 cadros e outros documentos e coleccións que achegan numerosas claves sobre a personalidade e a obra do novelista. Con esta iniciativa, a Fundación Camilo José Cela segue o exemplo doutras institucións de fóra da comunidade galega, como o legado do tamén premio Nobel Juan Ramón Jiménez, declarado BIC mediante un decreto de 2004 da Junta de Andalucía. Sen precedentes Dende a Consellería de Cultura afirman que a solicitude será estudada e que se pedirán informes a entidades consultivas, xa que Galicia non conta polo momento cun BIC destas características. Así, a protección máxima do legado de Castelao está tamén en estudo, segundo informaron as mesmas fontes, como único autor do que ata o de agora se presentara a documentación para solicitar a declaración de Ben de Interese Cultural.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias