Sociedad
16-10-2007
O deputado provincial responsable da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística, Xoán Manuel Sande Muñiz, asinou na sede da Deputación da Coruña os convenios para o financiamento de servizos de normalización lingüística de 43 concellos da provincia. No acto participaron os alcaldes e representantes municipais dos concellos beneficiarios desta acción para a que o organismo provincial destina este ano máis de 500.000 euros.
Os concellos que asinaron os convenios son: Vilasantar, Santiso, Boimorto, Frades, San Sadurniño, Dumbría, Boqueixón, Tordoia, Cariño, Vedra, Cabana de Bergantiños, Mazaricos, Cerceda, Oroso, Arzúa, Ponteceso, Ortigueira, Cee,Outes, Laracha, Ordes, Oleiros, As Pontes, Abegondo, Ames, Arteixo, Betanzos, Boiro, Carballo, Carnota, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Miño, Muros, Muxía, Pontedeume, Santiago, Teo, Val do Dubra, Vimianzo e Ribeira. Do total dos concellos, 19 asinan o convenio por vez primeira e o outros 24 prorrogan o acordo coa Deputación. As cantidades a percibir oscilan entre os 12.000 e 6.000 euros.
Sande destacou que ?as administracións locais teñen que xogar un papel fundamental na normalización e na dignificación do noso idioma? e salientou que a convocatoria deste ano ?case duplica o número de concellos que vai contar cun servizo de normalización lingüística, chegando a preto da metade dos concellos da provincia?.
Sande Muñiz lembrou que a Deputación participará coa Xunta no Consorcio para a Planificación Lingüística para darlle ?estabilidade e continuidade á política lingüística e aos servizos de normalización, sen que dependan de puntuais subvencións?. O deputado anunciou tamén a organización dunhas xornadas, dirixidas aos responsables políticos e técnicos de normalización lingüística, no Pazo de Mariñán o vindeiro 28 de novembro.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias