El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Carlos Taibo imparte en Pontevedra a conferencia "A globalización capitalista: paraíso fiscal"

O Simposio ?Pobre Mundo Rico? acolle unha mesa redonda sobre a información e concienciación nos medios

22-10-2007

O profesor de Ciencias Políticas da Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Taibo, impartirá o martes 23 a conferencia "A Globalización Capitalista: Paraíso Fiscal" a partir das 19.30 h. na Sala de Conferencias do Centro Social Caixanova de Pontevedra. Para Carlos Taibo a globalización capitalista aspira a crear unha especie de paraíso fiscal de escala planetaria, de tal forma que os capitais se poidan mover ao longo do globo sen ningunha pega, desentendéndose por completo, en paralelo, de calquera consideración de cariz humano, social ou ecolóxico. Na súa conferencia Taibo analizará dous grandes mitos vinculados coa globalización: o do seu carácter descentralizado e o da súa condición redutora das desigualdades. Ademais, sopesará a filosofía de fondo do proceso, as súas consecuencias políticas e a natureza das iniciativas de resposta que a globalización provoca hoxe en día. Carlos Taibo será presentado por Francisco Ramil, da Aula Castelao de Filosofía. "Informar, alarmar, concienciar: ¿a que xogan os medios?" Previamente, ás 17.00 h, celebrarase a Mesa-Debate "Informar, alarmar, concienciar: a que xogan os medios", moderada polo xornalista Antón Galocha, e na que participarán o director do Suplemento Altermundo de Galicia Hoxe, Manoel Santos; Aloia Álvarez, responsable da Revista Pueblos e Carlos Martínez de rebelion.org. Ambas as dúas actividades forman parte do programa do Simposio Internacional Pobre Mundo Rico, que celebra a súa segunda xornada na cidade do Lérez. En torno a esta pregunta exporán as súas opinións os catro participantes na Mesa-Debate "Informar, alarmar, concienciar: ¿a que xogan os medio?". Para Manoel Santos, director do suplemento Altermundo do diario Galicia Hoxe, os medios non deberían limitarse a informar un pouco, a contar mortos ou ver como morren senón afondar nas verdadeiras causas da pobreza e a desigualdade que teñen sobre todo nos gobernos do norte, nas institucións financeiras internacionais -FMI, Banco Mundial, OMC, etc. - e nas empresas transnacionais os seus principais actores. Un labor que na súa opinión, necesitaría xornalistas especializados neste campo, como xa sucede cando se trata de temas económicos ou de deportes. Santos recordan que a pobreza e a desigualdade entre os habitantes do orbe é o principal problema da humanidade co que deberían ser os temas que máis pesasen no "supermercado da noticia". Non obstante, os medios informan pouco e na maioría dos casos limítanse a reproducir situacións puntuais -desastres naturais, guerras, momentos de hambruna...- que só espertan a pena momentánea, no espectador e que pouco axudan ao que debería ser o verdadeiro obxectivo dese tipo de noticias: o de facelas desaparecer da superficie da Terra. Aloia Álvarez de la revista Pueblos abordará a relación "paternalista" que os medios de comunicación europeos manteñen co continente africano. Para a redactora de Pueblos, a imaxe que ofrecen os nosos medios de comunicación sobre África descansa sobre catro imaxes: a fame, a guerra, o mal goberno e as pandemias, imaxes que en contadas ocasións se acompañan do "pé de foto" correspondente. Todas elas son vistas habitualmente como fenómenos inherentes á africanidad mentres a responsabilidade de Occidente nesta situación nunca se deixa ver. Ante este panorama, a relatora aposta por darlles voz nos nosos medios aos africanos e africanas, visibilizar os seus proxectos migratorios, afondar nas realidades que deixaron atrás para chegar a outra comunicación con e acerca de África, que para Aloia Álvarez é posible e necesaria. Como integrante do medio dixital rebelion.org, Carlos Martínez, sostén que o periodismo na rede xorde como unha necesidade de amplas capas da poboación que se atopan descontentas coa información que recibe dos medios tradicionais. A nova era dixital permite que os cidadáns se convertan en "xornalistas" creando redes de comunicación paralelas ás oficiais. No caso de rebelion.org son máis de once anos prestando diariamente noticias grazas a unha ampla rede de colaboradores e tradutores.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias