El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Castela-A Mancha, Euskadi, Madrid e Porto programarán máis de 40 funcións de teatro galego

A Feira das Artes Escénicas pecha as súas portas

26-10-2007

Castela-A Mancha, Euskadi, Madrid e Porto programarán un total de 42 funcións de teatro galego a raíz dos contratos pechados ata agora no marco da Feira Galega das Artes Escénicas, organizado polo Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), e que se desenvolve dende o martes ata o sábado en Santiago. Segundo os datos rexistrados nos tres primeiros días de feira, Títeres Trompicallo, Producións Acontrabutaca, Lagarta Lagarta e Sarabela Teatro son as primeiras compañías contratadas por programadores de fóra de Galicia dentro do programa de bonificacións á distribución exterior. Así, Trompicallo ten pechadas 20 funcións do seu espectáculo "Bolboreta" en diferentes escenarios de Castela-A Mancha e 2 en Euskadi, mentres que Acontrabutaca protagonizará 18 pases de 'Robin Hood' no Teatro Calderón de Madrid. Lagarta Lagarta ofrecerá unha representación de "As últimas lúas" no Auditorio Municipal de Lousada en Porto (Portugal) e Sarabela Teatro, outra no Teatro Moderno de Guadalaxara. En función dos contactos que están a establecer outras compañías, a organización da feira estima que o volume de contratación superará as 50 funcións fóra de Galicia, que se representarán no primeiro semestre de 2008, ás que haberá que engadir as representacións concertadas cos programadores galegos asistentes para constituír a programación do vindeiro ano na Rede Galega de Teatros e Auditorios. A Feira pechará as súas portas mañá pola noite, despois de cinco días de programación intensa de teatro e danza de 21 compañías galegas e catro de diferentes países lusófonos. Durante estes días, desprazáronse ata a capital galega un cento de programadores de teatros, auditorios, circuítos e festivais de Galicia e do resto do Estado, así como do Norte de Portugal.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias