Sociedad
29-10-2007
A Deputación da Coruña vén de presentar o libro ?Prensa e comarca. Medios de comunicación en Negreira, A Baña e Brión no século XX?, obra gañadora da VI edición do premio de ensaio ?Manuel Murguía?. A obra sae á rua cunha tirada de 2.000 exemplares editados por TresCtres.
O historiador Amancio Liñares e a súa sobriña, a xornalista Omayra Lista, son os autores dunha laboura de investigación que nos leva a percorrer o século pasado nestes tres concellos a través da súa prensa. O ensaio analiza máis de 600 exemplares de 15 cabeceiras e a programación de Radio Negreira. Según destacou o presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, a obra permite achegarnos ?á pequena historia?, a contada por publicacións de pouca calidade, pero moi críticas co poder político.
O historiador Amancio Liñares destacou que o traballo permite achegarse á vida dun século dunha comarca galega a través do relatado nos exemplares da súa prensa, que reflecten os cambios sociais e políticos transcurridos. Liñares destaca, por exemplo, o florecemento da prensa comarcal nas etapas democráticas e o seu decaemento nos tempos máis duros da dictadura.
A co-autora da obra, Omayra Lista, explicou que nas páxinas do libro ?reflíctese a modernización da sociedade galega a través dos seus medios de comunicación, e cómo se constrúe unha comunidade comarcal a través do desenvolvemento e a difusión das súas liñas de identidade?.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias