Organizacións de xornalistas de toda Europa preparan mobilizacións contra a precariedade laboral o próximo luns. A protesta está convocada pola Federación Europea de Periodistas e tamén se realizará en Galicia. O Sindicato de Xornalistas de Galicia únese á iniciativa mediante a distribución gratuíta de centos de camisetas co lema "A miña precariedade é a túa desinformación", coa idea de que os profesionais a levan posta nas roldas de prensa convocadas para ese día. Segundo o colectivo, o deterioro das condicións de traballo dos informadores prexudica á cidadanía, pois a calidade das noticias é, ao seu xuízo, "unha das primeiras vítimas da precariedade". Con esta acción, o sindicato alerta sobre o "aumento da precariedade" na profesión en Galicia, que se traduce en "horarios abusivos, contratos lixo, abuso de bolseiros e de falsos autónomos", indican nun comunicado.