El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O debate sobre o cambio climático abre o mes de novembro no simposio internacional "Pobre mundo rico"

02-11-2007

Unha vez pasado outubro, o simposio internacional "Pobre Mundo Rico", oganizado polo Club Internacional de Prensa, cifra en 2.500 as persoas que asistiron ao longo do último mes ás actividades programadas. A estas debe engadírselles os seguidores do simposio a través da talevisión por internet, tanto en directo como por descarga. Con estes datos na man, o simposio emprende o luns en Vigo o seu segundo mes de programación co debate sobre a influencia do cambio climático na pobreza e cunha conferencia sobre riqueza, pobreza e ecoloxía a cargo de Marcos Arruda. O luns, a curta brasileira "Escola pública", e o capítulo "Camino de la extinción", da serie documental "Voces contra la globalización", proxectaranse a partir das 19.30 horas no Centro Social Caixanova de Vigo. No debate sobre cambio climático e pobreza, que se desenvolverá na cidade olívica a partir das 17 horas, participarán o director de Greenpeace en España, Juan López de Uralde; Ramón Fernández, de Ecoloxistas en Acción, e Carlos Valesm director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. A conferencia do coordinador xeral do Instituto de Políticas Alternativas para o Cono Sur, Marcos Arruda, celebrarase a partir das 19.30 horas, e repetirá ao día seguinte en Ferrol, onde compartirá escenario co fundador de ATTAC e director xeral de Le Monde Diplomatique, Bernard Cassen.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias