El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O Museo de Belas Artes da Coruña pecha para remodelar as súas salas

05-11-2007

O Museo de Belas Artes da Coruña pechará este martes as súas portas ata o 20 de novembro por obras de remodelación das salas de exposición da colección permanente. A inauguración dos novos espazos arquitectónicos que afectan á infraestrutura do edificio datan xa de hai dez anos, e dende o Museo alegan que dende entón, o centro "experimientou notables cambios" polos cales é preciso "revisar e actualizar" os proxectos museolóxicos e museográficos. Co peche das salas da colección permanente, o museo pretende amosar novas pezas, no caso de que así o aconselle a documentación e investigación que as acompaña, e incorporar novos soportes que apliquen as novas técnicas expositivas para ofrecer ao público outros niveis de información. Ao tempo, dende o museo afirman que ao longo da última década o edificio sufríu un desgaste que afecta á súa propia infraestrutura e que "obriga" a acometer unha serie de obras polas que se debe pechar ao público o museo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias