El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Bernard Cassen e Marcos Arruda falarán este mércores en Ferrol sobre pobreza e ecoloxía

06-11-2007

O fundador do movemento social ATTAC e director xeral de Le Monde Diplomatique, Bernard Cassen, e o coordinador xeral do Instituto de Políticas Alternativas para o Cono Sur de Brasil, Marcos Arruda, falarán este mércores en Ferrol de pobreza e ecoloxía no simposio internacional "Pobre mundo rico", organizado polo Club Internacional de Prensa. A conferencia de Cassen abordará como a globalización liberal provocou un aumento das desigualdades entre país e no seo de cada un deles, creando unha clase de "súper ricos", que se converten en modelo para as clases medias. Pola súa banda, Arruda preguntarase na súa intervención qué é a riqueza, reducida a unha dimensión material no mundo actual, que busca as máximas ganancias no menor tempo posible a través de relacións de competencia. As conferencias estarán precedidas por un debate sobre a contribución das transnacionais enerxéticas ao desenvolvemento ou á destrución dos países empobrecidos, no que participarán Pedro Ramiro, do Observatorio para as Multinacionais en América Latina, e Gemma Finer, directora de Mercadotecnia e de Responsabilidade Social Corporativa de Unión Fenosa, e que se desenvolverá a partir das 17 horas no Ateneo Ferrolán. Dubois e Luis de Sebastián O seguinte encontro de "Pobre mundo rico" producirase o xoves na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, cunha conferencia a dúas voces titulada "Pensar noutra globalización: o desenvolvemento humano como proposta alternativa". Participarán o profesor de Economía da Universidade do País Vasco Alfonso Dubois e o catedrático de Economía de Escola Superior de Administración de Empresas (ESADE) da Universidade Ramón LLull, Luis de Sebastián. Dubois reflexionará sobre a situación actual do desenvolvemento humano como alternativa ao sistema neoliberal, mentres que De Sebastián exporá que a globalización é un proceso de cambio socio económico e político sen marcha atrás, pero sen futuro predeterminado. Neste senso, defenderá a democratización da globalización para facela máis humana e posibilitar unha mellora nas condicións de vida para todos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias