Sociedad
09-11-2007
O responsable da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Xoán Manuel Sande, afirmou que a institución pretende implantar servizos de normalización lingüística en todos os concellos da provincia.
Sande, que presentou o I Encontro de Política Lingüística desde as administracións locais de Galicia, que se celebrará no Pazo de Mariñán o vindeiro 28 de novembro, explicou que con esta iniciativa se trata de poñer en marcha estratexias de acción e coordinación para a promoción social do uso do galego nas administracións locais e deseñar conxuntamente liñas de cooperación e coordinación entre os concellos nesta materia.
Xoán Manuel Sande destacou que as administracións públicas ?teñen a obriga e a responsabilidade? de promover políticas activas de normalización lingüística, que impliquen no proceso ás distintas entidades, sectores e colectivos sociais, e afirmou que ?para que estas políticas públicas sexan máis eficaces, deben desenvolverse de xeito planificado e coordinado?, ao través de iniciativas como o Encontro de Política Lingüística.
O deputado provincial manifestou o seu desexo de que o encontro teña continuidade e sirva como toma de contacto e posta en común de ideas, proxectos e iniciativas municipais para propiciar a coordinación e creación de rede entre os concellos galegos para a normalización lingüística.
Sande invitou á participación aos técnicos e, especialmente, aos alcaldes e responsables políticos destas áreas nos concellos, e afirmou que desde a área que dirixe cursouse xa a correspondente invitación para participar no encontro a todos os concellos da provincia.
Pola súa banda, Manuel Vidal, presidente da Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística (CNTL) destacou o compromiso da Deputación no desenvolvemento e potenciación dos servizos de normalización lingüística municipais, e incidiu na importancia de que estes conten con técnicos cualificados. ?Para implementar os servizos de normalización lingüística, os concellos deben contar cos servizos técnicos correspondentes?, afirmou.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias