El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Esgotadas as entradas para o concerto de Cesaria Évora no Teatro Colón da Coruña

13-11-2007

A Fundación Caixa Galicia anunciou nun comunicado que as entradas para o concerto que a artista caboverdiana Cesaria Évora ofrecerá o xoves no Teatro Colón da Coruña xa están esgotadas. A cantante africana presentará en directo ao público coruñés o seu último traballo, 'Rogamar', unha das novidades discográficas mellor recibidas pola 'world music'. Con cinco millóns de discos vendidos en todo o mundo, Cesaria Évora é coñecida como a muller dos pés descalzos. No ano 2004 recibiu o Grammy ao Mellor Álbum de Música Contemporánea do Mundo, co seu álbum 'Voz d'amor'. Ademais ten colaborado na banda sonora da película 'Underground', de Emir Kusturica, composta por Goran Bregovic, e tamén con Caetano Veloso no proxecto solidario 'Red Hot and Rio'.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias