El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Carlos G. Reigosa: "Paréceme esencial recuperar a proximidade no xornalismo"

13-11-2007

O escritor e xornalista Carlos G. Reigosa presentou en Santiago o seu último libro, 'Eidos do xornalismo' ante o público ao que se dirixe a obra: os futuros profesionais da comunicación. Deste xeito, a presentación acabou converténdose nunhas leccións de xornalismo por parte de quen conta cunha traxectoria profesional de case 40 anos. Presentado polo editor e tamén xornalista Víctor Freixanes, así como polo profesor Xosé López, Reigosa foi destacado polo seu labor á procura de historias, como narrador e pola reflexión que realiza sobre o oficio de narrar. En 'Eidos do xornalismo', o escritor ofrece algunhas achegas sobre o seu estilo, unha reflexión sobre xornalismo e literatura -entre os que nega que exista unha liña divisoria-, e sinala os principais desafíos do xornalismo no momento actual. Nunha sala abarrotada por alevíns de xornalistas, Reigosa avogou por recuperar "o carácter sentimental, de proximidade, do xornalismo". O autor repasou algúns dos capítulos máis importantes que marcaron o contexto da comunicación actual. "Cando se estenden os sistemas de comunicación, os primeiros en aproveitalos son os gobernos, os medios de comunicación e os empresarios ricos", explicou para falar dunha "situación de contaminación dos medios" qeu xa non ten volta atrás. Deste xeito, o esencial da vida pública pasou a "ocorrer nos medios de comunicación". Por este motivo, apuntou como un dos males esenciais do xornalismo actual "estar disposto a protexer a fonte máis alá dos límites da credibilidade". O consello para os estudantes foi: "sede escépticos sempre". Ante o futuro que deparan para a profesión da comunicación as novas tecnoloxías, Reigosa cre que os medios "exportan a súa confusión facendo crer que hai un problema enorme no xornalismo, cando o problema e do periódico" e que todos os medios se atoparán en internet.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias