Sociedad
14-11-2007
A Vicepresidencia da Xunta promoverá e difundirá a literatura e os escritores galegos nos centros de servizos sociais dependentes deste departamento, en virtude dun protocolo de colaboración que asinaron hoxe en Santiago o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez.
Deste xeito, ambas partes cooperarán en actividades de difusión da literatura e dos escritores en lingua galega entre os usuarios dos centros sociais dependentes de Vicepresidencia. Ao tempo, preténdese humanizar os centros sociais. As actividades porán en contacto os usuarios dos centros coas producións culturais de Galicia e achegarán a literatura galega á súa vida cotiá.
Vicepresidencia e a Asociación de Escritores manteñen abertas outras liñas de traballo conxuntas, como obradoiros de creación literaria en campamentos de verán, participación nas políticas de igualdade nas casas de acollida, ou a colaboración na formación literaria dos máis novos en publicacións de distintos soportes.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias