El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O BNG critica que a proba de galego non sexa eliminatoria en moitas categorías da oferta de emprego da CRTVG

16-11-2007

O deputado do BNG, Bieito Lobeira, criticou mediante un comunicado que as probas de galego no sexan eliminatorias no proceso selectivo da oferta de emprego público da CRTVG. Nesta liña, rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que lamenta a actitude da dirección, compartida por algunhas organizacións sindicais (UGT, CC.OO. y USO) e rexeitada por outras, como é o caso da CIG. Lobeira considera que se está a perder unha "extraordinaria oportunidade" para a galeguización dos medios de titularidade pública, e sinala uqe "non é comprensíbel" como algo tan básico como o cumprimento "do elemental principio de que a Radio e a Televisión galegas respondan aos criterios do Plan Xeral de Normalización ou mesmo da propia Lei de creazón da CRTVG, que nunca se chegara a respectar en tempos do Goberno do PP, non sexa agora tampouco obxecto de escrupuloso cumprimento". O nacionalista lembra que o medio público debera ser exemplo na defensa do idioma e referiuse a unha reciente resposta remitida pola CRTVG a unha iniciativa do BNG na que se recoñecía que a calidade e capacitación lingüística dos traballadores de radio e televisión é "manifestamente mellorábel". No texto xustifícase esta situación por ser unha herdanza de procesos de selección non axeitados. Na actualidade, sinala Lobeira, estáse a negociar o novo convenio, que inclúe unha oferta de 220 prazas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias