El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Mil músicos de toda Galicia reuniranse no I Certame Galego de Bandas

22-11-2007

Dende este venres ata o domingo reuniranse no Auditorio de Galicia en Santiago mil músicos de toda Galicia para celebrar o I Certame Galego de Bandas, organizado pola Consellería de Cultura en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares. Un total de 17 bandas competirán neste encontro, que busca a proxección e consolidación destas agrupacións. A actividade comezará mañá ás 20 horas, coa participación da Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba, a Banda Municipal de Rosalía de Castro de Padrón, a Banda de Música de Ortigueira, a Escola de Música e Banda Sementeira de Cambre e a Banda de Música de Chantada, que interpretarán unha obra libre e unha obrigada, composta por Xoán Montes. Cultura acordou cos responsables da Federación Galega de Bandas de Música a celebración da primeira edición deste certame, ao que destinará 90.000 euros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias