El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O CGAC celebrará o 15 aniversario cun amplo programa de actividades no verán de 2008

O centro dialogará coa arte dos anos 70 e 80

26-11-2007

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) celebrará o vindeiro ano o seu 15 aniversario cun amplo programa de actividades no verán. En xeral, a programación do centro compostelán continuará no 2008 coas liñas trazadas baixo a dirección de Manuel Olveira, que inciden na investigación, nos novos formatos de traballo, na produción, no desenvolvemento a longo prazo e na relación co contexto. Así, o CGAC seguirá o ritmo da actualidade e dialogará coa historia da arte recente, nomeadamente dos anos 70 e 80, segundo informou hoxe nun comunicado. Destacan as exposicións individuais de Guillaume Leblon, Jorge Macchi, Juan Araújo, Waltercio Caldas, Jiri Kovanda e Clemens von Wedemeyer. A elas súmaselles as mostras dedicadas a Susan Philipsz e a Lodeiro, que continuarán abertas nos primeiros meses de 2008. O CGAC comezará o ano coa ollada posta na videocreación galega, coa exposicións 'Ficcións analóxicas. Videocreación galega nos anos 80'. O centro programa outra exposicións temática, titulada 'Situación', unha mostra que recollerá en xullo toda a produción do Proxecto-Edición, que remata o vindeiro ano. O CGAC organizará tamén un ciclo expositivo arredor de fondos propios baixo o título 'Distancia crítica', así como unh selección escultórica na terraza do centro durante o verán. Verán Precisamente a época estival acollerá boa parte da oferta expositiva do CGAC no seu 15 aniversario. Do 10 de abril ao 29 de xuño, estará aberta a mostra do francés Guillaume Leblon, que xogará coa plasticidade dos espazos deseñados por Siza. Entre o 8 de maio e o 13 de xullo, o CGAC acollerá a primeira retrospectiva do arxentino Jorge Macchi, que ten participado nas Bienais da Habana, Porte Alegre, Estambul e Venecia. No mes de xullo, inaugurarase a mostra do venezolano Juan Araújo, que presentará obra vinculada estreitamente ao traballo de Álvaro Siza e ao edificio do CGAC, en forma de minúsculos cadros relacionados con arquitecturas utópicas. O brasileiro Waltercio Caldas converteuse nun dos artistas máis representativos do Brasil dos anos 70 pero é a finais do 2007 cando recibe acollida da crítica española. Ao CGAC chegará en setembro coa produción de obras ex profeso caracterizadas pola economía de materiais e pola elegancia formal. Á volta do verán abriranse as mostras de videocreación de Clemens von Wedemeyer e a de Jiri Kovanda, xa no mes de decembro, coa súa peculiar visión da performance, na súa primeira retrospectiva en España.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias