El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A Xunta estuda crear unha canle de televisión por internet para a promoción do audiovisual

Presentan guías titoriais sobre TDT no Foro Academia Aberta

29-11-2007

A Secretaría Xeral de Comunicación anunciou a posibilidade de darlle continuidade á canle de televisión por internet posta en marcha para a emisión do simposio "Pobre Mundo Rico" para convertela na primeira canle autonómica de televisión por internet, dirixida á promoción do audiovisual galego. Así o avanzou o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, no transcurso do acto de presentación do Foro da Academia Aberta 2007 que este ano trata sobre "A televisión dixital en Galicia, novas tecnoloxías, novos servizos". A canle (http://tv.audiovisualdegalicia.es) permitiría acceder de xeito directo e con alta calidade aos contidos audiovisuais xerados en Galicia, erixíndose en escaparate do audiovisual galego no exterior. Ao tempo, a tecnoloxía que conforma a plataforma de televisión é 100% galega. Coa creación deste canle, Galicia converteríase na primeira administración autonómica cunha canle de televisión propia a través de internet, situándoa na vangarda do uso das novas tecnoloxías da comunicación. A canle foi creada como un proxecto pioneiro no marco do simposio internacional "Pobre mundo Rico", organizado polo Club de Prensa. No tempo que durou o simposio a canle recibiu más de 5.500 demandas de vídeos e foi seguida por un total de 600 usuarios diferentes dende Arxentina, Nicaragua, México, Francia, O Salvador, Colombia, China ou Inglaterra. TDT Neste mesmo acto, o director xeral presentou dúas guías titoriais sobre a Televisión Dixital Terrestre (TDT), dous volumes de actuación elaborados polo equipo de expertos da Oficina Técnica da TDT en Galicia para facilitar aos actuais concesionarios de licencias de televisión dixital local o desenvolvemento dos seus proxectos de televisión local en tecnoloxía dixital. As guías expoñen de xeito claro e cunha linguaxe comprensible os pasos a seguir desde que se leva a cabo a solicitude para a xestión dunha canle de televisión dixital local ata o comezo das emisións da mesma, e pretenden polo tanto, facilitar o proceso. Están elaboradas dacordo coa normativa vixente que regula o proceso de concesión das canles de televisión dixital tanto en réxime de xestión directa como indirecta.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias