El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Nova York protagoniza un ciclo de cine nas sedes da Fundación Caixa Galicia

30-11-2007

A cidade de Nova York protagoniza o novo ciclo de cine da Fundación Caixa Galicia. Ata finais de febreiro, as sedes da Fundación acollerán algúns dos máis importantes filmes do cine clásico internacional en versión orixinal con subtítulos en castelán, desta vez con acción na cidade estadounidense. O ciclo reúne dez exemplos cinematográficos nos que Nova York sempre está presente. Comedias, musicais, thrillers, dramas, cine negro e ciencia-ficción caben nesta nova programación, xa que a industria cinematográfica estadounidense serviu para promocionar os seus espazos. Deste xeito, calquera recanto ou costume neoiorquino resulta familiar para o espectador: dende os taxis amarelos e as escaleiras de incendios, ao fume dos sumidoiros e o skyline dos rañaceos. Películas como 'Westa Side Story', 'Manhattan', '11'09''01-11 de septiembre', 'Kids', 'Taxi Driver', 'Un día en Nueva York', 'King Kong', 'La ley del silencio', 'Érase una vez América' ou 'Desayuno con diamantes' forman parte do ciclo programado para os vindeiros meses pola Fundación Caixa Galicia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias