El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O filme xermano-turco "The Edge of Heaven" gaña o Premio do Público de Cineuropa

04-12-2007

O filme xermano-turco "The Edge of Heaven", dirixido por Faith Akin, gañou a o Premio do Público do Festival Cineuropa de Santiago con 8 puntos, segundo informou hoxe a organización. En segundo lugar quedou 7,9 puntos a francesa 'Xuntos e máis nada', de Claude Berri, e de seguido, 'Fados', de Carlos Saura. Na categoría de 'Panorama internacional' foi a coprodución libano-francesa 'Caramel' de Nadine Labaki a que se fixo co primeiro posto, mentres que en 'Norteamérica: cine e poder' foi 'Goodbye América' a gañadora, e en Mundo Asia situouse no primeiro posto da lista 'Syndromes and a century'. A 21 edición do festival rematou onte cun maratón de 17 horas de películas bizarras. Ao longo do último mes, preto de 30.000 persoas asistiron ás sesións programadas polo certame, 6.000 máis que no ano anterior. O concelleiro de Cultura de Santiago, Néstor Rego, valorou esta edición como a mellor dos últimos anos, tanto dende o punto de vista do público como pola calidade dos preto de 120 filmes exhibidos durante a mostra, cine "independente, transgresor e difícil de ver nas pantallas comerciais". A falta de datos definitivos, Rego indicou que o festival se cingue aos aproximadamente 300.000 euros do orzamento. Pola súa banda, o director do festival, José Luis Losa, considera que o respaldo do público é unha "fonte de lexitimación" para a calidade do certame e afirmou que "manter o tono da mostra durante catro semanas é moi difícil".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias