El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Eduardo Alonso, Ánxeles Cuña e os autores de "Emigrantes" optan ao Premio Max de Teatro en Galego

A "Plataforma" de Calixto Bieito parte como favorita na XI edición

12-12-2007

Eduardo Alonso e Ánxeles Cuña optan, xunto a Cándido Pazó, Xosé Manuel Pazos, Anxos Sumai, Suso de Toro e Sonia Torre, creadores de "Emigrantes", ao Premio Max ao Mellor Autor Teatral en Galego. Os premios das artes escénicas concedidos pola SGAE entregaranse nunha gala que se celebrará en Sevilla o vindeiro 4 de febreiro. Na XI edición dos galardóns, parte como favorita "Plataforma", a adaptación da obra de Michel Houellebecq dirixida por Calixto Bieito. Logo de resultar finalista en 2005 por 'Ensaio' e en 2006 por 'García', Eduardo Alonso volve ser candidato a esta distinción, desta vez con 'Imperial: Café Cantante. Vigo, 1936', que na última edición dos Premios María Casares se fixo con cinco galardóns. A fundadora de Sarabela Teatro, Ánxeles Cuña, opta tamén ao premio con 'Margar no pazo do tempo'. Pero o galardón podería recaer nunha obra colectiva como 'Emigrados', levada a escena por Teatro de Ningures, e escrita por Suso de Toro, Cándido Pazó, Anxos Sumai, Xosé Manuel Pazos e Sonia Torre. Deles, Cándido Pazo xa obtivera en 2002 esta distinción por 'Ñiki Ñake', ao igual que fixo De Toro en 2004 con 'Círculo'. Teatro de orixe galega De pai galego e nai andaluza, o catalán Calixto Bieito parte como favorito con 11 candidaturas nesta edición dos Premios Max con 'Plataforma'. A obra figura no apartado de Mellor Espectáculo de Teatro, xunto con 'Bebé' e 'Marat-Sade', así como no de Mellor Adaptación de Obra Teatral, ao igual que 'Marat Sade' e 'Un enemigo del pueblo'. Ademais, Bieito opta ao premio ao Mellor Director de Escena, xunto a Álex Rigola e Andrés Lima, por 'European House' e 'Marat-Sade', respectivamente, mentres que Juan Echanove pode ser recoñecido como Mellor Actor Protagonista polo seu papel na obra, ao igual que Alberto San Juan pro 'Marat-Sade' e Francesc Orella por 'Un enemigo del pueblo'. A obra foi seleccionada tamén nas categorías de Mellor Composición Musical, Mellor Escenografía e Mellor Deseño de Iluminación. As candidaturas de Plataforma complétanse con tres actores de reparto -Boris Ruiz, Carles Canut e Lluis Villanueva- e cunha actriz de reparto, Belén Fabra. Outros xéneros Os Premios Max deberán decidirse entre '1+1=3, la pequeña historia del Sr. Cuki', 'Enrique 5º' e 'Pequeños paraísos' como Mellor Espectáculo Infantil. No apartado de teatro musical, compiten 'Ascenso y caída de la ciudad de Mahagony', 'Duty free' e 'Grease'. 'Escupir en el tiempo', de Danza Erre que erre; 'Santo y seña', de Eva Yerbabuena, e 'Sevilla', da Compañía María Pagés, dispútanse o Premio ao Mellor Espectáculo de Danza.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias