El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A Oficina de Seguemento e Implantación da TDT abrirase ao público en xaneiro

O grupo de traballo da TDT en Galicia aproba o Plan Director da Oficina

14-12-2007

O Grupo de Traballo para o desenvolvemento da Televisión Dixital Terrestre (TDT) en Galicia aprobou en Santiago o Plan Director da Oficina da TDT. O director xeral de Comunicación Audivisual, Manuel José Fernández Iglesias, anunciou que a Oficina de Seguemento e Implantación da TDT abrirase ao público en xaneiro. A oficina, que se emprazará na capital galega, contará cunha dotación humana e material para dar resposta ao reto da transición á tecnoloxía dixital e ao apagón analóxico. Deste xeito, preténdese asegurar a máxima transparencia e a independencia dos intereses dos diferentes axentes implicados. Así, a oficina converterase nun elemento xerador de iniciativas contra as dificultades do cambio tecnolóxico, ao tempo que centralizará e canalizará toda a información de cara aos axentes relacionados dalgún xeito coa TDT. Ademais, actuará como observatorio da implantación da TDT cunha visión global do proceso de cara a unha análise prospectiva. A xuntanza desta mañá serviu tamén para dar o visto bo á carta de servizos da oficina, que inclúe a formación e asesoramento na implantación e mantemento de encheocos (gapfillers), o asesoramento e soporte no desenvolvemento de proxectos de televisión e o asesoramento e soporte técnico na demanda de información dos cidadáns. O grupo de traballou, conformado por representantes do Ministerio de Industria, técnicos da Dirección Xeral, a Fegamp, a Escola de Enxeñeiros de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións, operadores de telecomunicacións, fabricantes galegos, instaladores, concesionarios de televisión e usuarios, acordou ademais aumentar nun 30 por cento as subvencións destinadas aos concellos para a implantación da TDT. Fernández Iglesias explicou que para 2008 se reservarán 325.000 euros para a instalación de microemisores dixitais para dar cobertura a zonas de sombra, instalados xa en 2007 en 25 puntos. Proxecto piloto Na mesma xutaza debateuse sobre o plan de cese de emisións de televisión con tecnoloxía analóxica, co que se busca proporcionar un marco de actuación coordinado que garanta a menor incidencia posible nos cidadáns. En Galicia, definíronse seis proxectos de transición vinculados aos seis grandes centros de Retegal en Galicia, correspondentes ás áreas de Ares, Domaio, Meda, Ourense Leste, Páramo e Santiago-Pedroso. Os primeiros proxectos en rematar serán os de Santiago e Ourense Leste, no primeiro semestre de 2009 para concluír no Páramo, na provincia de Lugo, en 2010. No plan intégrase o proxecto piloto de transición á televisión dixital na Fonsagrada (Lugo), que rematará co cese das emisións dese concello a finais de marzo de 2008, e do que se salientou na reunión a súa "boa marcha".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias