El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Normalización Lingüística pon en marcha dúas campañas para fomentar "un Nadal en galego"

18-12-2007

A Concellaría de Normalización Língüística anuncia dúas novas campañas que fomentan o emprego da lingua galega entre os rapaces, con "Carta aos Reis Magos", e entre os comerciantes, con "Para vivir un Nadal en galego". A concelleira deste departamento, Guadalupe Rodríguez, e a técnica do mesmo, Marta Besada, presentaron ambas campañas. A primeira, "Carta aos Reis Magos", vai dirixida aos máis pequenos e baséase nunha serie de materiais didácticos cos que, os rapaces nas escolas, poderán escribir as súas cartas de Nadal en galego, "dende unha perspectiva lúdica, divertida e educativa". Por outra banda, os comerciantes de Santiago de Compostela poderán "extender o galego nos seus ámbitos de traballo" mediante a campaña 'Para vivir un Nadal en galego', na que a concellería repartirá 8.000 etiquetas decorativas para pegar nos productos e agasaios que vendan durante as festas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias