Economía
18-12-2007
Unións Agrarias repartiu na Coruña de forma gratuita produtos agrogandeiros para concienciar aos consumidores sobre os abusos que se chegan a dar nas marxes comerciais e o alto diferencial que existe en ocasións entre o prezo que lle pagan ó produtor e o prezo que paga o consumidor.
O sindicato distribuíu máis de 500 bolsas con carne de porcino e coello, con marxes de máis do 300% na última semana, e de horta, como nabizas ou coliflor. Con este acto, Unións Agrarias pretende tamén chamar a atención do Goberno sobre a necesidade de establecer unha regulación das marxes comerciais a través da Lei de Comercio, de xeito que se impida que os produtores poidan vender por baixo dos custos de produción e se eviten as altas marxes que se dan en ocasións con determinados produtos agrogandeiros, ?con casos de ata o 660% que supoñen que o consumidor paga sete veces máis do que lle pagan ó produtor?, di o sindicato nun comunicado.
Unións salienta así mesmo a crise que están a atravesar nos últimos meses as explotacións porcinas e cunícolas polo aumento de custos de produción e a caída dos prezos en orixe
?Nos últimos meses, os produtores de porcino e de coello estiveron a vender os animais por baixo dos custos de produción, en tanto no punto de venda final a carne chegou a acadar marxes de ata o 400% no caso do porcino e de máis do 300% no caso do coello?.
O sindicato insta tamén ó goberno a implantar un dobre etiquetado dos produtos agrogandeiros, de xeito que o consumidor poida saber non só o prezo que ten pagar senón tamén o que lle pagaron ao produtor.
Unións solicita tamén un impulso á trazabilidade dos produtos agrogandeiros, é dicir que o etiquetado dos mesmos inclúa o lugar de produción e os centros de transformación ou envasado polos que pasou, de ser o caso.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias