El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Quintana afirma en Ponteceso que o himno galego segue "vixente" no seu centenario

20-12-2007

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, asegurou en Ponteceso que o himno galego segue a alentar aos galegos e galegas a "decidir por si mesmos e a ser donos do seu futuro". Fixo esta afirmación no día en que se cumpren cen anos desde a primeira interpretación do himno na Habana e lembrou que se este poema coincidiu co espertar cultural e político da nación galega, "hoxe asistimos tamén a un novo espertar da nación, que aspira a aumentar e mellorar o seu autogoberno como camiño para acadar máis progreso e máis benestar para Gaiza". Quintana fixo estas afirmación en Ponteceso, por ser esta a terra natal do creador do himno, Eduardo Pondal. Respecto do texto, o nacionalista indicou que é "un canto de reafirmación nacional, pero é tamén un instrumento integrador, un símbolo de unión de todos os galegos en torno a un proxecto común chamado Galiza". De feito, Quintana sinalou que os versos trascenden a categoría de poema e se converten "no canto no que se recoñece e se identifica un pobo", pois ao seus xuízo, Pondal plasmou en palabras os sentimentos, anhelos e aspiracións da nación galega que agromaba. Ao respecto, o vicepresidente sinalou que Galicia reclamou "ter capacidade para decidir" mediante a lingua, as novas ideas políticas e os seus símbolos. Isto foi así, explicou, porque "os versos de Pondal condensan identidade, lingua, territorio, mitoloxía e reafirmación nacional". Algo que, ao seu xuízo, só pode facer un mestre da palabra coma Pondal. Quintana fixo estas declaración na inauguración este mediodía en Ponteceso da exposición 'Os tempos son chegados', que tivo lugar na Casa dos Veciños do Couto. A mostra, segundo o vicepresidente, ten un dobre obxectivo, que é homenaxear aos creadores e impulsores dun dos máis importantes símbolos da nación, así coma fomentar un maior coñecemento dos nosos símbolos e de nós mesmos. Respecto deste aniversario, Quintana sinalou que ademais de servir para chegar á xente o himno galego, tamén permite "desenvolver cada un dos seus elementos e afondar así no coñecemento das nosas orixes, do noso lugar no mundo, da nosa lingua, dos homes e mulleres que protagonizaron o espertar de Galiza, da nosa bandeira e da música do noso país".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias