El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O CGAC convida a redescubrir os sons a través do cine

03-03-2008

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago acolle ata o 16 de marzo un ciclo de cine titulado "Audiovisións", organizado polo colectivo Escoitar.org coa fin de "redescubrir os sons da nosa contorna social e histórica". A iniciativa pretende ofrecer aos espectadores unha "experiencia transensorial", ao propór un "encontro entre a retina e o tímpano". Para iso, reúne unha ducia de títulos que funcionan como fío condutor e que se proxectarán cada día a partir das 20.15 horas. Deste xeito, tenta "achegar a diferentes formas de escoitar e entender a dimensión acústica da realidade". O ciclo comeza mañá martes coa música xamaicana de "Rockers. It's dangerous", de Theodorus Bafaloukos), que relata a través do música Leroy Horsemouth Wallace Wallace o dinamismo da produción musical en Xamaica na década dos 70. A este filme seguiranlle títulos representativos da creación contemporánea a través do son, ou que ofrecen un percorrido pola historia social da música a través do cinema. Ao día seguinte, a cita será con 'Theremin: An electronic Odyssey', de Steve Martin. Durante esta semana proxectaranse tamén 'My cinema for the ears', de Uli Aumüller; 'Kill your idols', de Scott Crary, e 'Touch the sound', de Thomas Riedelsheimer. A partir do martes 11 e ata o sábado 15 chegará a quenda de 'Crossing the bridge. The sounds of Istambul', de Fatih Akin; 'Die grosse Stille', de Philip Gröning; 'Rize, de David LaChapelle; 'American Hardcore', de Paul Rachman, e 'Periféricos', de Xosé Holgado, Carlos Méndez e Tamara Blanco, centrado na movida vigeusa dos anos 80. Pechará o ciclo 'We built this city', de Thomas Kappeller e Sebastian Züger, o día 18 ás 20.15 horas. Con esta actividade, incluída no Proxecto-Edición, o colectivo Escoitar.org remata a súa presenza no centro compostelán.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias