El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O Clúster Audiovisual regresa satisfeito de Alemaña

07-03-2008

A delegación do Clúster Audiovisual Galego (CLAG) regresa da súa misión comercial no festival internacional de películas de animación Cartoon Movie, celebrado en Postdam (Alemaña) cun balance de máis de medio cento de contactos internacionais establecidos con diversos distribuidores, produtores e profesionais participantes no festival procedentes de 29 países. Cartoon Movie chegou a esta décima edición superando os máis de 600 participantes. A participación do Clúster en Cartoon Movie estivo representada por cinco empresas asociadas de contidos de animación: Ficción Producciones, Deboura Deseños Animados, Deboura Cultural, Brent Entertainment, Continental Producciones e Filmax Animation. Esta última produtora presentou no festival os filmes 'Donkey Xote' e 'Nocturna', candidata ao Premio ao Mellor Director de Animación Europeo do Ano, que recaeu finalmente en Marjane Satrapi e Vincent Paronnaud por 'Persépolis'. O Clúster asistiu a este festivfal coa fin de impulsar as producións galegas no mercado internacional, nun momento no que a animación europea está a experimentar un aumento de audiencia, multiplicando por seis o número de espectadores nos últimos tres anos. A través deste festival, logrou financiarse 123 filmes. España é o terceiro país en número de coproducións acadadas no marco deste festival, por detrás de Francia e Alemaña.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias