El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Aberto o prazo para participar no taller "Outro periodismo é posible... tamén na televisión"

07-04-2008

O director e guionista da serie documental "Voces contra la globalización", Carlos Estévez, impartirá un obradoiro-debate sobre as posibilidades de exercer o xornalismo de investigación na televisión, organizado polo Club Internacional de Prensa. A actividade desenvolverase entre os días 5 e 8 de maio na Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago baixo o título "Outro periodismo é posible... tamén na televisión". O obradoiro vai dirixido a estudantes e profesionais da comunicación audiovisual, que poderán participar de balde. Estévez falará e promoverá o debate sobre o proceso de elaboración dun documental audiovisual. A primeira xornada centrarase en "por que investigar cando é máis cómodo recibir ordes do xefe" e proxectarase o documental 'El secreto nuclear español', comentando o seu proceso de elaboración. O martes, buscaranse as claves para afrontar unha investigación para a televisión, e para iso tamén se afondará na construción do documental 'ETA, tela de araña'. Ao día seguinte, o obradoiro centrarase na investigación de temas políticos, coa proxección do documental '23 F: rompe el silencio'. Por último, o xoves día 8 cuestionarase se todo se pode investigar, e abordarase especialmente o tema das cámaras ocultas, e a posibilidade de que calquera poida facer un documental. Para inscribirse, é preciso baixar da web do Club de Prensa (www.clubinternacionaldeprensa.org) o impreso de solicitude, ou ben chamar ao teléfono 981 54 59 50 ou escribir ao correo electrónico club.inter.prensa@xunta.es.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias