El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O xornalista Miguel Ángel Bastenier dará unha conferencia en Santiago

Falará da relación entre a profesión e o mundo empresarial

08-04-2008

O columnista e editorialista de El País, Miguel Ángel Bastenier, participa este mércores no novo ciclo de conferencias organizado polo Club Internacional de Prensa, 'A información a debate', iniciado por Carlo Frabetti o pasado día 27 de marzo. Bastenier falará o mércores 9, ás 20 horas, sobre 'Xornalistas sen empresarios' na Facultade de Comunicación de Santiago, e centrarase fundamentalmente nos medios de América Latina. Profesor da Escola de Periodismo de El País e da Fundación para un Novo Periodismo Iberoamericano de Cartagena de Indias (Colombia), presidido por Gabriel García Márquez, Bastenier publicou libros como 'Israel-Palestina: la casa de la guerra' e "El blanco móvil", e está a piques de sacar do prelo 'Periodismo de papel'. O convidado abordará a proliferación en América Latina de "seminarios xornalísticos nos que nunca se discute a técnica xornalística, e moitísimo de deontoloxía e condicións (inverosímiles) de traballo, do que abundan os especialistas". Así, os periodistas exercen a súa profesión en "situación de perigo" e con "limitacións" da súa liberdade de expresión por imperativos políticos, sociais e económicos, "especialmente nas provincias".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias