El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Pereza xa vendeu a metade das entradas e Marlango agotou o papel para A Coruña

09-04-2008

As entradas para o concerto que Marlango ofrecerá este sábado ás 20.30 horas no Teatro Colón da Coruña xa están esgotadas, segundo comunicou Caixa Galicia. A banda de Leonor Watling presentará ao público coruñés temas do seu último traballo, 'The Electrical Morning'. Por outra banda, o grupo Pereza actúa no Coliseum da Coruña o mesmo sábado 12 de abril, acompañados do grupo Stereotipos, gañadores do certame de maquetas NXMusic'06. A banda regresa á cidade herculina tres anos despois da súa última actuación, desta vez convertida nun referente do pop nacional, e cun disco de platino polo seu último traballo, 'Animales'. O concerto enmárcase dentro da xira de presentación de 'Aproximaciones', e comezará ás 21.30 horas. As entradas pódense conseguir na web www.servinova.com, no teléfono 902 504 500 e na billeteira do recinto. A metade das localidades xa están vendidas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias