El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Las entradas para los conciertos de Bob Dylan y Lenny Kravitz en Vigo cuestan 35 euros

10-04-2008

As entradas para ver a Bob Dylan e Lenny Kravitz en Vigo custarán 35 euros, segundo anunciaron o tenente de alcalde vigués, Santiago Domínguez, e o concelleiro de Festas, Xesús López. Na presentación dos concertos deste 2008, entre os que figuran Lenny Kravitz, Bob Dylan,The Chemical Brothers, Roger Hodgson e Rubén Blades, Domínguez dixo que a cidade olívica "está a vivir xa unha nova etapa en tanto que é xa un referente das grandes promotoras de concertos?. ?Cremos que non son prezos excesivos, xa que queremos ofertar actuacións a un prezo razonable?, subliñou ao respecto o tenente de alcalde, quen indicou que nalgunhas cidades a entrada para o concerto de Lenny Kravitz oscila entre os 50 e os 70 euros. ?Grazas ao traballo coordinado entre Tenencia de Alcaldía, Concellería de Cultura e Ifevi iniciamos unha nova dinámica da que me sinto trementadamente satisfeito?, asegurou. Domínguez fixo fincapé en que hai xa enriba da mesa ?ofertas interesantes?, pero que non quere facer públicas ata non telas totalmente pechadas, ?nun exercicio de seriedade e rigor?. Precisamente a nova etapa ponse de manifesto coa actuación na cidade de figuras tan importantes no panorama musical internacional como Lenny Kravitz, que actuará o día 29 de maio, Bob Dylan, que o fará o 27 de xuño, e The Chemical Brothers, que ofrecerá o seu concerto o 2 de agosto no marco do Festival de Música Eletrónica Creamfields. Os tres concertos celebraranse no Instituto Feiral de Vigo, de xeito que as tres actuacións serán o ?pistoletazo de saída para que este recinto sexa o referente das grandes actuacións musicais?, subliñou o tenente de alcalde. En canto ao concerto de Lenny Kravitz, o tenente de alcalde salientou que o artista estará en Vigo tres días antes do concerto, xa que precisamente nas instalacións do Ifevi fará todas as probas co seu grupo para a preparación da súa xira. Ademais do seu concerto en Vigo, no que presentará o seu último traballo, ?It is time for a love revolution?, está previsto que Lenny Kravitz actúe tamén nas cidades de Bilbao (5 de xullo), Barcelona (8 de xullo) e Madrid (6 de xullo, no marco do Rock in Rio Madrid Festival). O polifacético Bob Dylan, outro dos platos fortos deste ano, chega a Vigo despois de ser galardoado o ano pasado co premio Príncipe de Asturias das Artes. O Festival de Música Eletrónica Creamfields, pola súa banda, desenvolverase os días 2 e 3 de agosto, e ademais de de The Chemical Brothers, contará coas actuacións de Vitalic Live e Alexander Kowalski Live. Neste sentido, o concelleiro de Cultura, o nacionalista Xesus López, sinalou que as empresas promotoras destes artistas deron o seu ?visto bo? a este recinto pechado, especialmente despois de transmitirlles as modificacións técnicas que se levarían a cabo, como a construcción dunha estrutura de 16 de metros de altura, cando o habitual é que se faga de 14 metros. Deste xeito, sinalou o xerente do Ifevi, Arsenio Iglesias, ?sáese ao paso das críticas feitas ao respecto da altura do recinto, posto queda solucionada?. Recitais en Castrelos Por outra banda, Xesus López salientou tamén que o Concello de Vigo ?non quere deixar de lado a visión mais popular dos concertos coas actuacións en Castrelos?. Así, para o escenario do parque vigués están xa fixados os concertos de Roger Hodgson, que terá lugar o 23 de xullo, e o de Rubés Blades, que será o 30 de xullo. ?VigoConcertos nace coa vocación de ofrecer actuacións de calidade que cubran un espectro suficientemente amplo para que satisfaga todos os gustos dos cidadáns e cidadás de Vigo e que se realicen en tres espazos: o Ifevi, Castrelos, e a Estación Marítima?, explicou o concelleiro do BNG, quen asegurou que nas próximas semanas ?haberá novidades, pero se farán públicas cando estean pechadas?. En canto ao aspecto económico das actuacións, Xesus López indicou que os concertos de Lenny Kravitz e Bob Dylan apenas terán custo económico nin para o Ifevi nin para o Concello, xa que serán cubertos cos patrocinios e a recadación das entradas. Os concertos de Castrelos responden a outra filosofía, salientou o concelleiro de Cultura, posto que son abertos e gratuítos na súa maior parte. ?Non se busca cubrir o seu custo co cobro das entradas, o cal non impide que se traballe na búsqueda de patrocinios?, manifestou o concelleiro de Cultura. Así sinalou que traer a Vigo a Roger Hodgson custa 93.000 euros, mentres que contar con Rubén Blades ascende a 113.000 euros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias