O deputado socialista no Parlamento Europeo Antolín Sánchez Presedo falará este xoves día 17 ás 20 horas na Facultade de Ciencias Políticas de Santiago sobre 'Un futuro global', dentro do ciclo 'Os encontros do club', organizado polo Club Internacional de Prensa. Sánchez Presedo explicará a actual situación económica, o descenso demográfico e as migracións, a convivencia intercultural e o papel de Galicia no contexto europeo. Licenciado en Dereito pola USC, Máster en Dereito pola Universidade Carlos III de Madrid, e ex profesor colaborador de MBA na Universidade da Coruña, Sánchez Presedo foi candidato polo PSOE á Presidencia da Xunta de Galicia en 2003. Previamente, foi membro da primeira corporación democrática do concello de Betanzos, do que chegou a ser alcalde por maioría absoluta. Foi tamén deputado no Parlamento galego, voceiro deste Grupo na Cámara Autonómica, e no período do goberno tripartito, foi Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas. Dende 2004, é Deputado Europeo, membro titular da Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios, Membro Suplente da Comisión de Asuntos Exteriores, Membro Titular da Delegación de Relacións con Xapón, e Membro Suplente da Delegación de Relacións cos Estados Unidos.