El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

América Latina: protagonista da conferencia no Club Internacional de Prensa

15-04-2008

O membro da Presidencia Colectiva da Coordinadora Continental Bolivariana e promotor do proxecto Nueva Izquierda en República Dominicana, Narciso Isa, falará este mércores ás 20 horas no Club Internacional de Prensa en Santiago, dentro do ciclo 'América Latina: Presente Indicativo'. Narciso Isa falará sobre 'Actualidade do tránsito cara unha nova democracia e un novo socialismo na nosa América'. O dominicano sosterá a pertinencia do modelo socialista ante a crise capitalista, a explotación, exclusión e empobrecemento de boa parte da sociedade, e por outra banda, a negación da súa posibilidade polos efectos da caída da Unión Soviética, que impuxo na conciencia colectiva a idea da imposibilidade de novas revolucións e novas alternativas ao capitalismo existente. Isa Conde militou nas filas do Partido Comunista Dominicano dende 1962 a 1996, onde desempeñou as funcións de secretario xeral durante un longo período. Foi colaborador permanente das súas principais publicacións: El Popular e Hablan los Comunistas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias