El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Ruiz Zafón regresa ao Cementerio de Libros Olvidados nunha nova novela de intriga

16-04-2008

O espectáculo de presentación da nova entrega de Carlos Ruiz Zafón cumpriu as expectativas que o precedían. No Teatre Liceu de Barcelona, símbolo da Barcelona retratada na nova novela do supervendas Ruiz Zafón, congregáronse máis dun cento de xornalistas para coñecer de primeira man os detalles de "El Juego del Ángel". Despois dun vídeo de presentación, o escritor apareceu sobre o escenario, diante dunha representación do Cementerio de Libros Olvidados ao que volve no seu novo libro, que xa na primeira edición tira un millón de exemplares "para satisfacer la demanda de las librerías", afirman dende a editorial. Tralo lanzamento en España, sairá o 24 de maio en América Latina para estrear uns días máis tarde a súa versión catalana. Planeta confía en repetir o éxito de 'La sombra del viento', publicado hai sete anos e do que se venderon máis de 10 millóns de exemplares, e que o novo libro chegue a máis de 50 países e se traduza a máis de 40 linguas. Malia compartir escenarios e algúns dos personaxes, o autor aclara que non se trata dunha precuela. "Es un libro autosuficiente, no hay que leer uno para entender el otro", aclarou, se ben sinalou que se trata de dúas novelas interrelacionadas "en torno al Cementerio de Libros Olvidados", un universo no que profundiza neste novo volume. Os lectores de 'La sombra del viento' terán asegurada a través destas novas 600 e pico páxinas unha nova visión da anterior novela. Segundo o propio escritor, trátase dunha novela "trágica" e de "mayor intriga" que 'La sombra del viento', unha obra da que non lle preocupa que faga sombra á que vén de presentar. É unha historia de amor, amizade e libros que ten por protagonista a un escritor, David Martín, que recibe unha oferta dun editor de París, oferta que o envolverá nun "laberinto de intrigas, pasiones y secretos". Acompañarano nas aventuras dúas mulleres: Isabella, unha aprendiz de escritora, e Cristina, unha muller envolta nun "romance maldito", así como o seu mentor, Pedro Vidal, un "caballero de la alta sociedad" que adopta un rol paternal con respecto a Martín. Pero non faltarán personaxes secundarios, algúns dos cales enriquecen algunhas das liñas argumentais da súa anterior novela, como os libreiros Sempere. O "thriller", tal como o cualificou Ruiz Zafón, "coquetea con cualquier género que se ponga a tiro", como a literatura fantástica, a romántica e outros. Con respecto á anterior, salienta tamén unha maior descrición dos personaxes a través dos diálogos. Barcelona Ruiz Zafón regrese á súa cidade natal, pero desta vez, 20 anos antes que en 'La sombra del viento'. "No empecé a escribir de Barcelona hasta que me fui de Barcelona", asegura o escritor que dende hai uns anos vive en Los Ángeles e que pretende achegar o seu "pequeño granito de arena a la mitología de la ciudad". Para retratar a Barcelona dos anos 20, unha "época fascinante" para a que Ruiz Zafón se serviu das súas lembranzas da infancia: "Mi padre era agente de seguros y de pequeño iba con él, y así fui conociendo los interiores de las grandes casas de la ciudad", explicou. Malia traballar no eido do cine como guionista, ou "precisamente por eso", Ruiz Zafón rexeitou unha cantidade de ofertas para levar á grande pantalla a súa novela da que xa non leva a conta. "Con 'El Juego del Ángel' haré lo mismo", sentenzou o autor, que se desmarcou dos escritores que "anhelan que con su novela se haga una película, una serie o una colección de cromos".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias