El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Xosé Manuel Pereiro, novo decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

17-04-2008

Xosé Manuel Pereiro relevará a Xosé Manuel Vega como decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, tras encabezar a única candidatura que concorreu ás Eleccións 2008. Deste xeito, e seguindo os Estatutos do CPXG, a candidatura será proclamada nova Xunta de Goberno sen necesidade de realizar as votacións e tomará posesións o vindeiro 10 de maio. Pereiro será o terceiro decano do colexio, despois da lexislatura de Xosé María García Palmeiro, que dirixiu o órgano colexial dende o ano 200 ata 2004, e Xosé Manuel Vega, decano na última lexislatura. Canda Xosé Manuel Pereiro Sánchez, a Xunta de Goberno estará composta por Manuel Vázquez Sola como vicedecano, Francisco López Iglesias como secretario, Darío Janeiro Pereira como tesoureiro e Xosé Manuel Rodríguez Durán, Leticia Vilar Pumares, Marcos Mosquera Domínguez, Ana Belén Puñal Rama, Francisco González Sarria, Marcos Sanluis López, Luís Álvarez Pousa e Rosa Aneiros Díaz, como vogais. Nado en Monforte de Lemos en 1956, Xosé Manuel Pereiro é licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense. Traballou como redactor ou colaborador en prensa escrita (Faro de Vigo, La Voz de Galicia) e radio (Ondas Galicia, Radio Nacional). Director e guionista de programas de televisión (en TVE e TVG), promoveu tamén proxectos culturais como as revistas La Naval ou Bravú ou o portal de internet Bravu.net. É redactor de TVE en Galicia desde 1988, e desde 1985 correspondente de El País. Na actualidade é tamén columnista neste periódico e en La Opinión de A Coruña e Faro de Vigo, así como en medios dixitais. Ten publicado un libro de textos periodísticos, 'Si home si'. O Colexio componse actualmente de máis de 1.100 membros repartidos entre as súas sete demarcacións. O obxectivo do Colexio é afondar na mellora das condicións nos que os xornalistas desempeñan o seu traballo, a defensa profesional dos seus membros e a garantía de independencia e liberdade informativa.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias