El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Eduardo Galeano presentará en Santiago e Ourense o seu último libro, "Espejos. Una historia casi universal"

21-04-2008

O escritor e xornalista uruguaio Eduardo Galeano visitará de novo Galicia para presentar o seu último libro, titulado "Espejos. Una historia casi universal", ao tempo que percorre outros puntos de España. Galeano seleccionou a Barcelona, Madrid e Sevilla para as presentacións, se ben en Galicia serán dúas cidades as que acollan a este escritor: Santiago de Compostela e Ourense. As presentacións terán lugar os días 12 e 14 de maio, respectivamente, e no primeiro caso, é o Club Internacional de Prensa o organizador do evento, en colaboración coa Editorial Siglo XXI. No libro, o autor analiza a historia da humanidade dende as súas orixes ata a actualidade, dende a óptica dos feitos e das personas menos coñecidas. Este documento, de 340 páxinas, está nas librarías xa dende finais do pasado marzo, se ben o lanzamento mundial fíxose o 21 de abril en Barcelona. Neste libro mestúranse diferentes relatos que configuran un inventario xeral do mundo. En todo caso, o propio Galeano afirma que "a historia é un paradoxo andante. A contradicción move as personas. Quizais por iso os seus silencios din máis que as súas palabras e con frecuencia as súas palabras revelan, mentindo, a verdade". Tamén parafrasea a Óscar Wilde cando di que "Eu podo resistir todo menos a tentación", que neste caso foi a de sucumbir ao desexo de contar algúns episodios da aventura humana no mundo, e advirte que o fai "dende o punto de vista dos que non saíron na foto".





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias